Friday 17 de May de 2024

Cambre comezou o luns os desbroces tras continuar coa municipalización do servizo


O goberno local de Cambre decidiu continuar coa municipalización do servizo de desbroces das vías públicas de titularidade municipal. O pasado martes comezou o servizo de rozas na parroquias de Sigrás e Cambre.

Para iso fíxose un proceso de selección de dous operarios, catro condutores co obxectivo de facer dous equipos que traballarán de 8.00 a 15.00 e o segunda quenda de 15 a 22.00 horas. Trátase de 220 quilómetros de vías que terán que facer os operarios municipais da brigada de Obras e Servizos. Este ano contarase con dous tractores e aumentouse a brigada de rozas para acurtar os tempos de roza. A previsión é que se faga agora unha roza e a final da época estival se levará a cabo unha roza de repaso.

Publicarase un cronograma dos traballos na páxina web.

Os operarios comezarán do norte ao sur e de este a oeste do municipio polas parroquias máis rurais e traballarán durante todo o verán para ter as vías públicas limpas e máis accesibles.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que este ano empezamos en tempo tendo en conta os criterios técnicos do crecemento vegetativo. Segundo o propio alcalde, o proceso selectivo retrasou o comezo do servizo. “Este ano farémolo nós cos nosos medios outra vez e o noso personal. Levaremos un mayor control das zonas e esperamos que sexa do agrado dos veciños e veciñas”, apuntou o alcalde.